Día 20 de abril de 2020 - Ciencias Sociais
Que nos tocará facer?
O primeiro que imos facer é corrixir as actividades do día 15 de abril.
Prestade atención ás respostas!
A tarefa para esta semana é facer un lapbook sobre as partes da atmosfera.
O primeiro que temos que facer e ler os seguintes pasos:
- Colorear as partes da atmosfera e os debuxos.
- Recortar tanto as partes como os debuxos.
- Ordenar as partes.
- Pegar un debuxo en cada parte da atmosfera.
- Debuxar a Terra na parte que non ten nome.
- Comezar a pegar as partes da atmosfera e detrás de
cada unha escribimos a súa definición.
- Facerlle unha foto e mandarma por correo
electrónico. Tedes toda a semana para facelo.
Fíxate no seguinte exemplo:
A continuación tedes a plantilla para facer o voso lapbook. Se non vos acordades podedes mirar polo libro.