Día 27 de abril de 2020 - Ciencias Sociais
Que faremos hoxe?
Hoxe imos repasar os contidos da Unidade 2: o tempo e o clima.
Como o imos facer?
Para facer isto primeiro intentamos facer as actividades sen mirar polo libro, para saber do que nos acordamos.
Se quedou algunha sen facer abrimos o libro e buscamos a resposta.
Se hai algunha resposta na que dubidamos tamén a buscamos no libro.
Cando teñamos todo feito facémoslle unha foto e enviámoslla á profe por correo electrónico.
Seguro que o facedes xenial!