domingo, 15 de marzo de 2020

24 de febreiro Día de Rosalía de Castro

Para conmemorar o Día de Rosalía de Castro fixemos as seguintes actividades:

- Dende Educación Artística coloreamos a Rosalía de Castro ao estilo de Andy Wharhol.


- Dende a área de Lingua Galega e Literatura traballamos con algúns dos seus poemas. Para iso primeiro tivemos que fotografar o seu poema, é dicir, buscar unha imaxe ou facer un debuxo que se relacionara co poema que nos tocou. Despois tivemos que memorizar o poema para recitalo.