Día 17 de marzo de 2020 - Ciencias da Natureza
Para comezar imos repasar as táboas que temos no caderno sobre os mamíferos, as aves e os réptiles.
Unha vez que terminamos vemos o seguinte vídeo sobre os anfibios:
Preme na imaxe para velo
Agora abrimos o libro pola páxina 64 e lemos a información que nos aparece sobre os anfibios. A continuación, cubrimos a táboa con esa información e pegámola no caderno.
*Non te esquezas de colorear.