lunes, 2 de marzo de 2020

Parques Nacionales de España

Para levar a cabo o traballo de Ciencias Sociais tes que seguir os seguintes pasos:

- Pincha na imaxe e entra na páxina dos Parques Nacionales de España.

https://www.miteco.gob.es/es/red-parques-nacionales/nuestros-parques/

- Entre todos os que hai escolle o que máis che guste.

- Investiga información sobre o Parque que escolliches.

- Coa información que atopaches vai cubrindo os datos que se che piden na ficha.

- Escolle as imaxes que máis che gusten para recortar e pegar na outra ficha. Non esquezas escribir por baixo de cada foto que é o que se amosa nela.

- Por último, colorea as letras da ficha e revisa a ortografía.

* Non esquezas que debes facer boa letra e evitar tachóns.