Tarefas da semana do 16 ó 20 de marzo
Estimadas familias e alumnos/as de 4º de Primaria:
A continuación tedes colgado o documento coas tarefas
programadas para esta primeira semana.
Por favor prestade moita atención ó que vos pido.
Cada un dos meus alumnos e alumnas pode sentirse raro
e rara coa nova forma de traballo pero lembrade cando chegastes no mes de setembro
a 4º de Primaria onde eu era nova para cada un de vos e pouco a pouco fomos
adaptándonos uns aos outros ata formar o gran equipo que somos!Pois agora trátase de facer o mesmo, adaptarnos a esta nova forma de traballo.
Eu estou segura de que o ides facer xenial porque mo
levades demostrado moitas veces e seguro que moi pronto podemos volver ó noso
cole e a nosa aula.
Un bico para todos e todas,
A vosa profe