viernes, 27 de marzo de 2020

Día 27 de marzo de 2020 - Ciencias da Natureza

Que tocará hoxe?

Como xa sabedes primeiro toca repasar os mamíferos, as aves, os réptiles e os anfibios.

Agora imos coñecer os peixes. Estades preparados/as?



Podemos ver este vídeo todas as veces que precisemos para poder entender como son os peixes.

Pois agora o que nos toca facer é abrir o libro pola páxina 65 e ler a información que nos trae sobre este grupo de animais vertebrados.

Unha vez que rematamos cubrimos a seguinte táboa e pegámola no caderno.

Atentos e atentas xa que imos estudala para o próximo día.