viernes, 27 de marzo de 2020

Día 27 de marzo de 2020 - Lingua Galega e Literatura

Que tocará facer hoxe?

Primeiro imos comezar por corrixir a actividade da carta.

Como vistes fun eu a persoa que vos escribiu esa carta. Só era para dicirvos que xa teño moitas ganas de volver ó cole para estar con todos e todas vos.

A continuación tedes a carta ordenada.


Para hoxe toca rematar de contar unha historia, é dicir, eu comecei a contar unha historia e agora vos tedes que rematala.

Estade atentos e atentas xa que tedes que inventar un título e a historia ten que ter como mínimo nove liñas e como máximo doce.

 

Cando a rematedes mandádesma por correo electrónico para corrixir.