viernes, 20 de marzo de 2020

Todo sairá ben!


Se algún ou algunha quere facer o cartel que puxen na entrada de “Todo sairá ben!” e non pode imprimilo non pasa nada xa que podes debuxalo nun folio, nunha cartolina ou en calquera material que teñas na casa.

Cando o teñas feito só tes que sacarlle unha foto e mandarma.

Xa sabes que é algo voluntario pero creo que sería bonito ver o traballo que fixeron as nosas compañeiras e os nosos compañeiros. Tedes ata o mércores 25 de marzo de 2020 para enviar o voso cartel.

Seredes quen de facelo?