martes, 17 de marzo de 2020

Todo sairá ben!


Que vos parece se deixamos descansar un anaco a papá, a mamá, o avó e avoa?


Como sabemos non podemos saír das nosas casas durante uns días pero si podemos ser moi creativos para colorear e decorar o seguinte cartel:


Cada unha e un de nós imos decoralo como máis nos guste. Podemos empregar rotuladores, ceras, acuarelas, papel de seda, papel celofán, goma eva, boliñas de papel...


Unha vez que o teñamos feito facémoslle unha foto e mandádesma. Con todas as que reciba farei un vídeo e subireino aquí para que todas e todos poidamos ver os traballos que fixemos.