Como é Lúa?
Lúa é unha das protagonistas do noso libro de lectura "A bruxiña da sorte" de Concha Blanco.
No libro descríbese da seguinte maneira:
"Era unha bruxa feita de trapo, coa cabeza, as mans e os pés de barro. A cabeza tíñaa cuberta con fíos brancos de la. Coas mans suxeitaba unha vasoira. O vestido era negro con remendos de cores. Sobre el, cinguíndolle o van, un mandil morado sobre o que ía debuxada unha lúa prateada."
Agora que xa sabes como é tócache debuxala. Seguro que o fas xenial!